Opinión

Publicado el 5 de Enero de 2017 por Ineso

0

[GAL/CAST] De puñaladas a poder estudantil

Levo algo máis de dous anos e medio no movemento estudantil e paréceme incrible non ter vivido unha vitoria deste. A meirande parte das organizacións estudantís existentes son distintas ás que había cando me comecei a mover, mais aínda así tampouco penso que mudara o tipo de actividade das maioritarias.

No lugar no que vivo hai convocadas dúas folgas estudantís: unha para o 16 de febreiro e outra para marzo. A primeira foi convocada por Erguer (da tendencia nacionalista afín ao BNG). Erguer naceu o ano pasado e aspira a ser a organización hexemónica do estudantado na Galiza, ser a ERGA [1] actual, co cal a súa estratexia este ano é visibilizarse. Así que a súa convocatoria de folga vai nesta dirección. En canto saíu esta convocatoria de folga víanse moitas compoñentes de organizacións da tendencia de En Marea, como son Acción Universitaria (próxima a Esquerda Unida) e, especialmente, ANEGA (brazo estudantil de Anova – Irmandade Nacionalista), falando do sectarismo de Erguer. Comentaban que Erguer ten unha praxe autorreferencial e antidemocrática que non pula por un movemento estudantil.

Varios días despois saíu de Acción Universitaria e ANEGA a convocatoria de folga de marzo. Os obxectivos de ambas folgas son os mesmos: contra a LOMCE, o 3+2… Nada novo. Para o 8 de febreiro hai convocada unha asemblea aberta na Facultade de Filosofía da USC para tratar o tema da folga. Supoño que de aí sacarán grupos de traballo e unha táboa reivindicativa. É dicir, por un lado o estudantado fóra desas organizacións non vai decidir se haberá folga ou non, simplemente van facer o traballo de difusión que deberían levar a cabo as convocantes. Polo outro lado están convocando unha folga sen táboa reivindicativa previa con obxectivos máis concretos. Ao final é exactamente a mesma praxe que a de Erguer, coa diferencia de que esta última fai o seu propio traballo.

Ambas convocatorias son un grave erro se se quere pular por un movemento estudantil democrático e transformador. A xente destas organizacións fala da noxenta praxe do Sindicato de Estudantes, pero estas fan o mesmo, coa diferencia de que teñen máis efectivos e que a súa convocatoria non sairá publicitada nos grandes medios de comunicación.

Parece que o único que podemos facer na loita estudantil é convocar folgas porque si, para que, con sorte, falen de nós no Parlamento. Máis dunha vez chamáronme esquerdista por non estar de acordo con convocatorias de folga, pero non penso que sexa así. Esquerdismo neste caso sería facer prácticas de esquerda como son as folgas e manifestacións porque si. Facer prácticas de esquerda por inercia. Sen enmarcalas nunha estratexia transformadora, sen horizonte revolucionario.

E unha estratexia transformadora non é convocar folga para que participe máis xente na organización propia. Iso son prácticas totalmente reaccionarias que desarticulan o movemento que poida haber. Desarticulan movemento porque as estudantes que secundan a folga non ven ningún resultado, que non se consigue nada. Ademais os axentes que só buscan medrar, soen ter un perfil militante moi pasivo: a maioría das súas compoñentes case non participan. Para pasar a acción só hai que contar con xente disposta a loitar, non cun conxunto de persoas que aplaudan o que fan catro. Mirar pola cantidade e non pola calidade é algo que deberíamos deixar atrás. É totalmente urxente mudar as dinámicas do movemento estudantil na Galiza se realmente queremos facer un activismo estudantil decente.

As folgas teñen que vir da necesidade do noso día a día na loita. Non se trata de que estea gobernando o PP e teñamos que responder. Iso é seguir os ritmos que nos impoñen eles. Temos que facer análises materiais reais e ver con que podemos xogar. Mirar que problemas temos, e en canto teñamos claro o que máis sinxelo vexamos de conseguir mediante o apoderamento estudantil, ir a por iso. Se queremos que o estudantado pense que as vitorias se consiguen loitando, temos que demostralo. Facer discurso mediante a praxe e non ao revés. Achégase un novo ciclo de mobilizacións, así que é tempo de acumulación de forzas e debemos conseguir vitorias do movemento estudantil para estar preparadas.

Deste modo, para activar ao estudantado hai que ir a por problemáticas concretas. O primeiro é socializar as problemáticas. Unha vez estean socializadas, co tempo que se precise, pasar á mobilización. Entón é cando se convocan asembleas e non accións, como son as folgas.

As asembleas de estudantes deberían aparecer para ver como se solucionan os problemas, e non para ver que problemas temos en cada facultade. Unha asemblea, se se quere, é un xeito democrático de reunirse para tomar decisións que hai que levar premeditadas da casa e non un espazo de deliberación ou onde informarse. Se queremos mobilizar o resto das estudantes temos que facelas sentir parte do movemento estudantil. Así que as decisións de Que facer? deberíamos tomalas todas xuntas.

A cada problemática xeralmente correspóndelle unha ou varias accións que poden axudar máis a conseguir os nosos obxectivos. Convocar folga a nivel nacional porque os folios na miña reprografía son moi caros é desproporcionado. No canto de sacar táboa reivindicativa unha vez convocada a folga, o primeiro que temos que ver son os problemas que temos e despois mirar como podemos solucionalos.

Ademais temos que fuxir da cultura da folga no movemento estudantil para pasar á cultura de movemento. Debemos ser conscientes de que hai moitos métodos de loita, dende boicotes a bloqueos de estradas, pasando por impagos e ocupacións dos espazos educativos. Non somos clase traballadora, somos estudantes, así que non estamos parando a produción nin paralizando nada ao convocar folga. Son as accións que se fagan nesta folga e o xeito en que todo transcorra o que marcará se a xornada de loita foi efectiva ou non.

Por último, temos que ser conscientes do relevo xeracional constante no estudantado. Non pode ser que esteamos anos e anos cometendo os mesmos erros. Organizarse ten que servir para algo máis que sentirse parte dun grupo. As organizacións estudantís teñen que ter a función de acumular experiencias. Unha persoa que entra nunha organización non pode repetir os mesmos erros que as que estaban aí antes. É imprescindible socializar o coñecemento adquirido. Claro que isto tamén implica que se reparta o poder nun colectivo, xa que a información é poder, co cal hai que estar dispostas a democratizar se queremos avanzar.

Só precisamos gañas de facer as cousas ben e deixar de preocuparnos pola cantidade de xente coa que contemos inicialmente. As que impulsaron os grandes procesos revolucionarios sempre comezaron sendo unha minoría coas ideas claras.

[1] Estudantes Revolucionarios Galegos, a organización estudantil con hexemonía na Galiza nos anos 70 e 80 da que saíron unha gran cantidade de cadros para o nacionalismo galego.


[Castellano]

Llevo algo más de dos años y medio en el movimiento estudiantil y me parece increíble no haber vivido una victoria de este. La mayor parte de las organizaciones estudiantiles existentes son distintas a las que había cuando me comencé a mover, pero aun así tampoco pienso que haya cambiado el tipo de actividad de las mayoritarias.

En el lugar en el que vivo hay convocadas dos huelgas estudiantiles: una para el 16 de febrero y otra para marzo. La primera fue convocada por Erguer (de la tendencia nacionalista afín al BNG). Erguer nació el año pasado y aspira a ser la organización hegemónica del estudiantado en Galiza, ser la ERGA [1] actual, con lo cual su estrategia este año es visibilizarse. Así que su convocatoria de huelga va en esta dirección. En cuanto salió esta convocatoria de huelga se veían muchas componentes de organizaciones de la tendencia de En Marea, como son Acción Universitaria (próxima a Esquerda Unida) y, especialmente, ANEGA (brazo estudiantil de Anova – Irmandade Nacionalista), hablando del sectarismo de Erguer. Comentaban que Erguer tiene una praxis autorreferencial y antidemocrática que no impulsa un movimiento estudiantil.

Varios días después salió de Acción Universitaria y ANEGA la convocatoria de huelga de marzo. Los objetivos de ambas huelgas son los mismos: contra la LOMCE, el 3+2… Nada nuevo. Para el 8 de febrero hay convocada una asamblea abierta en la Facultade de Filosofía de la USC para tratar el tema de la huelga. Supongo que de ahí sacarán grupos de trabajo y una tabla reivindicativa. Es decir, por un lado el estudiantado fuera de esas organizaciones no va a decidir si habrá huelga o no, simplemente van a hacer el trabajo de difusión que deberían llevar a cabo las convocantes. Por otro lado están convocando una huelga sin tabla reivindicativa previa con objetivos más concretos. Al final es exactamente la misma praxis que la de Erguer, con la diferencia de que esta última hace su propio trabajo.

Ambas convocatorias son un grave error si se quiere impulsar un movimiento estudiantil democrático y transformador. La gente de estas organizaciones habla de la deplorable praxis del Sindicato de Estudiantes, pero estas hacen lo mismo, con la diferencia de que tienen más efectivos y que su convocatoria no saldrá publicitada en los grandes medios de comunicación.

Parece que lo único que podemos hacer en la lucha estudiantil es convocar huelgas porque sí, para que, con suerte, hablen de nosotras en el Parlamento. Más de una vez me llamaron izquierdista por no estar de acuerdo con convocatorias de huelga, pero no pienso que sea así. Izquierdismo en este caso sería hacer prácticas de izquierda como son las huelgas y manifestaciones porque sí. Hacer prácticas de izquierda por inercia. Sin enmarcarlas en una estrategia transformadora, sin horizonte revolucionario.

Y una estrategia transformadora no es convocar huelga para que participe más gente en la organización propia. Eso son prácticas totalmente reaccionarias que desarticulan el movimiento que pueda haber. Desarticulan movimiento porque las estudiantes que secundan la huelga no ven ningún resultado, que no se consigue nada. Además los agentes que sólo buscan crecer, suelen tener un perfil militante muy pasivo: la mayoría de sus componentes casi no participan. Para pasar la acción sólo hay que contar con gente dispuesta a luchar, no con un conjunto de personas que aplaudan lo que hacen cuatro. Mirar por la cantidad y no por la calidad es algo deberíamos dejar atrás. Es totalmente urgente cambiar las dinámicas del movimiento estudiantil en Galiza si realmente queremos hacer un activismo estudiantil decente.

Las huelgas tienen que venir de la necesidad de nuestro día a día en la lucha. No se trata de que esté gobernando el PP y tengamos que responder. Eso es seguir los ritmos que nos imponen ellos. Tenemos que hacer análisis materiales reales y ver con qué podemos jugar. Mirar qué problemas tenemos, y en cuanto tengamos claro lo que más sencillo veamos de conseguir mediante el empoderamente estudiantil, ir a por ello. Si queremos que el estudiantado piense que las victorias se consiguen luchando, tenemos que demostrarlo. Hacer discurso mediante la praxis y no al revés. Se acerca un nuevo ciclo de movilizaciones, así que es tiempo de acumulación de fuerzas y debemos conseguir victorias del movimiento estudiantil para estar preparadas.

De este modo, para activar al estudiantado hay que ir a por problemáticas concretas. Lo primero es socializar las problemáticas. Una vez estén socializadas, con el tiempo que se necesite, pasar a la movilización. Entonces es cuando se convocan asambleas y no acciones, como son las huelgas.

Las asambleas de estudiantes deberían aparecer para ver cómo se solucionan los problemas, y no para ver que problemas tenemos en cada facultad. Una asamblea, si se quiere, es una modo democrático de reunirse para tomar decisiones que hay que llevar premeditadas de casa y no un espacio de deliberación o donde informarse. Si queremos movilizar al resto de las estudiantes tenemos que hacerlas sentir parte del movimiento estudiantil. Así que las decisiones de Que hacer? deberíamos tomarlas todas juntas.

A cada problemática generalmente le corresponde una o varias acciones que pueden ayudar más a conseguir nuestros objetivos. Convocar huelga a nivel nacional porque los folios en mi reprografía son muy caros es desproporcionado. En lugar de sacar tabla reivindicativa una vez convocada la huelga, lo primero que tenemos que ver son los problemas que tenemos y después mirar como podemos solucionarlos.

Además tenemos que huir de la cultura de la huelga en el movimiento estudiantil para pasar a la cultura de movimiento. Debemos ser conscientes de que hay muchos métodos de lucha, desde boicots a bloqueos de carreteras, pasando por impagos y ocupaciones de los espacios educativos. No somos clase trabajadora, somos estudiantes, así que no estamos parando la producción ni paralizando nada al convocar huelga. Son las acciones que se hagan en esta huelga y la manera en que todo transcurra lo que marcará si la jornada de lucha fue efectiva o no.

Por último, tenemos que ser conscientes del relevo generacional constante en el estudiantado. No puede ser que estemos años y años cometiendo los mismos errores. Organizarse tiene que servir para algo más que sentirse parte de un grupo. Las organizaciones estudiantiles tienen que tener la función de acumular experiencias. Una persona que entra en una organización no puede repetir los mismos errores que las que estaban ahí antes. Es imprescindible socializar el conocimiento adquirido. Claro que esto también implica que se reparta el poder en un colectivo, ya que la información es poder, con lo cual hay que estar dispuestas a democratizar si queremos avanzar.

Sólo necesitamos ganas de hacer las cosas bien y dejar de preocuparnos por la cantidad de gente con la que contemos inicialmente. Las que impulsaron los grandes procesos revolucionarios siempre empezaron siendo una minoría con las ideas claras.

[1] Estudantes Revolucionarios Galegos, la organización estudiantil con hegemonía en Galiza en los años 70 y 80 de la que salieron una gran cantidad de cuadros para el nacionalismo gallego.

Tags: , , ,


Acerca del autor

Ineso

Militante de clase estudiantil y comunista libertaria. Todavía me faltan muchos golpes de realidad.



Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

96 − 89 =

Ir arriba ↑